Neste curso preténdese que o alumno adquira os coñecementos e aptitudes que establecerán os cimentos imprescindibles para abordar a análise e deseño dun sistema adaptativo, así como de valorar as diferentes opcións das que dispón para tal tarefa en base aos correspondentes compromisos entre complexidade e prestacións. O enfoque do curso está específicamente orientado a aplicacións do filtrado adaptativo en comunicacións, dado o encadre da materia neste programa de Máster.