Educational guide 2012_13
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Aplicacións de Procesado de Sinal en Comunicacións (SIGMA)
 Materias
  Redes Inalámbricas
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Informes/memorias de prácticas Informes de prácticas 50
Traballos e proxectos Procura de información e lectura de artigos de investigación sobre as tecnoloxías contempladas na materia e elaboración de comentarios críticos. 25
Probas de resposta curta Probas escritas (ensaio, probas obxectivas, resolución de problemas, probas de resposta breve, probas tipo test, etc) 25
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As titorías individuais empréganse para corrixir posibles erros ou deficiencias na resolución das prácticas, na comprensión de artigos científicos e no desenvolvemento do traballo individual que realizan os estudantes sobre un tema de actualidade relacionado ca materia.

Para superar a materia e imprescindible cumprir as seguintes condicións:

  • Asistir e realizar correctamente o informe do 80% das prácticas.
  • Presentar polo menos un traballo sobre un tema de actualidade relacionado cos contidos da materia.
  • Obter cando menos un 50% da cualificación asignada a cada un dos distintos bloques de avaliación (probas escritas, traballos e proxectos e informes de prácticas).

En caso de non superar a materia, na segunda convocatoria, o estudante poderá completar o seu traballo ata cumprir as tres condicións especificadas no parágrafo anterior.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000