Educational guide 2012_13
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Aplicacións de Procesado de Sinal en Comunicacións (SIGMA)
 Materias
  Procesado do Sinal con FPGAs
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos tutelados Valorarase o tratamento adecuado de todos os aspectos do tema asignado, así como a calidade da presentación en Powerpoint e da exposición en clase. 30
Proxectos Traballo de laboratorio con VHDL:
Valorarase o correcto funcionamento da aplicación, así como a corrección do código VHDL, os recursos da FPGA utilizados e a velocidade de proceso obtida. Tamén se valorará a calidade da presentación en Powerpoint e da exposición en clase. 30%

Traballo de laboratorio con System Generator:

Valorarase o correcto funcionamento da aplicación, así como a parametrización correcta dos bloques utilizados, os recursos da FPGA empregados e a velocidade de proceso obtida. Tamén se valorará a calidade da presentación en Powerpoint e da exposición en clase. 40%
70
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación dos alumnos, tanto dos asistentes a clase como dos non asistentes, farase en base a:

-  Realización dos diversos traballos encomendados (tres traballos diferentes, un teórico e dous prácticos, coa ponderación que se indica na táboa anterior).

-  Entrega de memorias explicativas dos traballos realizados.

-  Exposición dos traballos realizados en horas presenciais.

A temática de cada traballo, así como as datas de realización, entrega de memorias e exposición, detallaranse en documento independente que se entregará aos alumnos da asignatura.Si os resultados obtidos non son suficientes para aprobar a asignatura, os alumnos terán unha segunda oportunidade durante o mes de Xullo para corrixir ou mellorar os seus traballos.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000