Educational guide 2012_13
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Aplicacións de Procesado de Sinal en Comunicacións (SIGMA)
 Materias
  Procesado do Sinal con FPGAs
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Análise de arquitecturas, métodos de deseño, ferramentas de deseño. Estudo de casos.
Prácticas de laboratorio Resolución de exercicios de deseño dixital con FPGAs. Elección da FPGA concreta mais axeitada para unha aplicación. Deseño de aplicacións de procesado de sinal básicas con FPGAs.

Na realización dos exemplos de laboratorio insistirase na utilización dos métodos de deseño analizados nos temas 2, 6 e 7, e das técnicas de verificación do tema 5.
Titoría en grupo En horario de clase para orientación de traballos e seguemento da aprendizaxe.
Traballos tutelados Procura e análise de información sobre FPGAs, ferramentas software de deseño con FPGAs e métodos de deseño de aplicacións de procesado de sinal con FPGAs.

Os traballos concretos detállanse nun documento independente que se entregará aos alumnos da materia.
Proxectos Deseño de aplicacións de procesado de sinal de complexidade media con FPGAs.

Na realización dos traballos de laboratorio valorarase que se utilicen os métodos de deseño máis adecuados, analizados nos temas 2, 6 e 7, e as técnicas de verificación do tema 5.
Presentacións/exposicións Exposición de traballos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000