Educational guide 2012_13
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Tecnoloxía audiovisual
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Proxectos Valoración dun proxecto realizado en grupo ao longo do cuatrimestre, incluindo a elaboración dunha memoria e a presentación pública do mesmo. 40
Probas de resposta curta Exame escrito de avaliación, con preguntas breves e problemas. 50
Informes/memorias de prácticas Valoración do traballo escrito que describe o traballo de varias semanas na aula informática. 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Seguindo as directrices propias da titulación ofrecerase aos alumnos que cursen esta materia dous sistemas de avaliación:AVALIACIÓN CONTINUA, que é o método  recomendado e ao redor do cal organízanse as actividades docentes; e unha opción de EVALUACIÓN NON CONTINUA, que soamente se recomenda naquelas situacións nas que resulta imposible seguir o sistema recomendado.

AVALIACIÓN CONTINUA

A avaliación continua consta das probas que se detallan a continuación nesta guía. Enténdese que o alumno opta pola evaluación continua unha vez firme o documento de compromiso que se lle ofrecerá durante as semanas 1-3, de forma que se poida comezar o traballo nos grupos correspondentes. Unha vez asinado, entenderase que o alumno presentouse á convocatoria e asignaráselle a calificación que resulte da aplicación do criterio que se detalla a continuación con independencia de que se presente ou non ao examen final.

Tipos e valoración de actividades:

Informes/memorias de prácticas (Peso: 10%): desenrólase aproximadamente nas semanas 6 a 11.

Proxectos (Peso 40%): aproximadamente na semana 12

Proba de resposta curta (Peso: 50%): coincide coa data do exame final da asignatura. Inclúe todos os temas da asignatura.

A nota final obtida correspóndese coa suma da puntuación obtida en todalas actividades realizadas. Para aprobar, o alumno debe obter, alo menos, cinco puntos na devandita nota final.

AVALIACIÓN NON CONTINUA

Si o alumno non asina o documento de compromiso será evaluado a través dun exame final na data oficial asignada polo Centro. Este exame constará de duas partes, do mesmo peso na nota final: unha parte escrita que incluirá como contidos posibles toda a asignatura, e unha parte oral relativa aos traballos adicionais que previamente haberá tido que presentar. O alumno poderá participar, si así o desexa, nas actividades de Avaliación Continua de grupo B, pero non lle serán valoradas. Os traballos adicionais a entregar especificaranse na semana 6 de clase, e deberán entregarse unha semana antes do exame final.

Para aprobar, o alumno debe obtener, alo menos, cinco puntos.

 

Convocatoria extraordinaria:

O alumno será evaluado a través dun exame final na data oficial asignada polo Centro. Este exame constará de dous partes, de igual peso na nota final: unha parte escrita que incluirá como contidos posibles toda a asignatura, e unha parte oral relativa aos traballos adicionais que previamente haberá tido que presentar. Os traballos adicionais a entregar especificaranse na revisión do exame da convocatoria ordinaria, e deberán entregarse tres días antes do exame final.

Para aprobar, o alumno debe obter, polo menos, cinco puntos.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000