Educational guide 2012_13
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Infraestruturas ópticas de telecomunicación
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios O alumno deberá solucionar, aplicando os coñecementos adquiridos, unha serie de problemas e/ou exercicios propostos polo profesor no tempo e condicións establecidas por este. 15
Proxectos Os alumnos deberán entregar unha memoria do proxecto realizado así como realizar unha exposición do mesmo no tempo e condicións establecidas polo profesor 30
Probas de resposta curta Ao finalizar tanto as prácticas en aulas de informática como as prácticas de laboratorio, o alumno realizará unha proba puntuable sobre os coñecementos adquiridos nestas sesións 20
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Proba final na que se avaliarán todos os contidos da materia 35
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Seguindo as directrices propias da titulación ofrecerase aos alumnos que cursen esta materia dous sistemas de avaliación: avaliación continua e avaliación ao final do cuatrimestre.

Trala primeira sesión de resolución de problemas e/ou exercicios (a segunda semana de clase) o alumno debe decidir si opta por avaliación continua ou non.

Avaliación continua:

A avaliación continua comprende unha serie de tarefas que se realizan ao longo do cuatrimestre (65%) e unha proba de resposta longa (35%) que se realiza o día que corresponda de acordo co calendario de exames oficial. Estas tarefas comprenden a resolución de problemas e/ou exercicios (15%), as prácticas en aula de informática e de laboratorio, a realización dunha proba de resposta curta (20%), e a realización dun proxecto (30%). Haberá tres sesións de resolución de problemas e/ou exercicios (a segunda, quinta e sétima semana do curso). A proba de resposta curta sobre as prácticas en aula de informática e de laboratorio efectuarase a novena semana do curso. O proxecto deberá presentarse na treceava semana do curso. Estas tarefas non son recuperables, é dicir, si un alumno non pode cumprilas no prazo estipulado o profesor non ten a obrigación de repetilas e únicamente serán válidas para o curso académico no que se realicen.

Así mesmo, aqueles alumnos que decidan optar por avaliación continua deberán, para poder superar a materia: (a) realizar polo menos 3 das 4 prácticas de laboratorio hardware; (b) obter, polo menos, 12 puntos sobre 30 no proxecto; (c) obter, polo menos, 12 puntos sobre 35 na proba de resposta longa; e (d) obter un mínimo de 50 puntos en total contando todas as actividades do curso. A nota final daqueles alumnos que non superan estes mínimos esixidos para poder aprobar a materia mediante avaliación continua calcularase como o mínimo entre: (i) o número total de puntos obtido polo alumno contando todas as actividades do curso, e (ii) 40 puntos.

A elección de avaliación continua implica necesariamente que o alumno presentouse, con independencia de que asista ou non á proba de resposta longa.

Avaliación ao final do cuatrimestre:

Ademais do sistema de avaliación continua descrito anteriormente, o alumno pode optar por realizar un único exame final sobre a totalidade dos contidos da materia (100%). O profesor poderalle esixir ao alumno a entrega de tarefas adicionais, as cales seranlle notificadas na sétima semana do curso e deberán ser entregadas o día do exame final. Para poder aprobar a materia o alumno deberá obter, polo menos, 50 puntos sobre 100 contando o exame final e as tarefas adicionais.

Avaliación no mes de Xullo:

Aqueles estudantes que optaron por un sistema de avaliación continua e cumpren os requisitos (a) e (b) mencionados arriba poderán, si así o desexan, conservar a nota obtida nas tarefas de avaliación continua (65%) e realizar unha proba de resposta longa (35%). Para poder superar a materia, estes alumnos deberán obter, polo menos, 12 puntos sobre 35 na proba de resposta longa, e obter un mínimo de 50 puntos en total contando todas as actividades do curso.

Alternativamente, estes alumnos poderán tamén optar por realizar un único exame final sobre a totalidade dos contidos da materia (100%). En caso de querer ser avaliado mediante un exame final, estes alumnos deberán comunicar esta decisión ao profesor cunha antelación mínima dun mes respecto a data programada para a realización do exame final. En caso contrario, considerarase que o alumno opta por unha proba de resposta longa.

O resto de alumnos (isto é, aqueles que optaron por un sistema de avaliación continua e non cumpren os requisitos (a) e (b), e aqueles estudantes que optaron por realizar un único exame final) serán avaliados mediante un único exame final sobre a totalidade dos contidos da materia (100%).

No caso de realizar un único exame final, o profesor poderalle esixir así mesmo ao alumno a entrega de tarefas adicionais, as cales seranlle notificadas con, polo menos, un mes de antelación respecto a data de celebración do exame final e deberán ser entregadas o día de celebración do mesmo. Para poder aprobar a materia o alumno deberá obter, polo menos, 50 puntos sobre 100 contando o exame final e as tarefas adicionais.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000