A) Primeira oportunidade (maio)
1. Os/as estudantes que se acollan ao sistema de avaliación continuada, serán avaliados nesta primeira oportunidade consonte aos criterios e ponderacións previamente establecidos.
2. Modalidade de avaliación continua sen presencialidade con causa xustificada: os/as estudantes que por causa documentalmente xustificada non poidan aistir ás sesións presenciais serán avaliados consonte aos seguientes criterios:
- entrega de casos prácticos: 30%
- exame final teórico escrito: 70%
3. Os/as estudantes que non se acollan á avaliación continua, serán avaliados cun exame final teórico-práctico (modalidade escrita) que constituirá o 100% da nota final. O exame componse de dúas partes: na primeira parte o/a estudante debe resolver un caso práctico, que supón o 60% da cualificación final. Na segunda parte, o/a estudante deberá respostar a dúas preguntas teóricas de resposta longa, correspondentes a epígrafes das leccións do programa da materia, que supón o 40% restante da cualificación final. Para superar a materia é necesario superar cada unha das dúas partes.
B) Segunda oportunidade (xullo)
1. Os/as estudantes que fixeran a avaliación continuada (presencialidade e entrega de casos prácticos) podrán presentarse ao examen final teórico en caso de ter suspendido a materia na primeira oportunidade. Conservarase a cualificación da avaliación continua sempre que a cualificación media do conxunto sexa, segundo unha cualificación numérica entre 0 e 10, superior a 5 puntos.
2. Os estudantes que non seguiron ou non superaron a avaliación continua teñen dereito a un exame final teórico-práctico (modalidade escrita) no que se avaliarán as competencias globais da materia e co que se poderá acadar o 100% da nota. |