As sesións maxistrais trasladan uns contidos que é preciso relacionar con outros contidos da asignatura e de outras materias como a estadística, a investigación de mercados, o dereito ou a economía da empresa.
As sesións prácticas esixen dos estudantes unha actitude proactiva e creativa difícilmente esaxerable. O pensamento lateral e o output innovador no plan de innovación e nos propios exercicios guiados polo profesor son elementos clave na avaliación das prácticas. |