Traballos tutelados |
O traballo consiste na elaboración dun plan de innovación seguindo o modelo proporcionado polo profesor e dispoñible en FAITIC. Serán criterios de avaliación dos traballos os seguintes:
PRESENTACIÓN FORMAL:
O índice estará o máis desagregado posible e indicará a páxina na que se atopa cada item.
Todas as cifras incluídas en texto, cadros, gráficos e figuras deberán explicitar a fonte.
As citas literais deberán ir entre aspas e acompañadas da fonte da que se extraen. Se non son literais, citarase só a fonte. A detección dun plaxio será castigada sen contemplacións.
As fontes -documentais, orais, informáticas...- deberán recollerse todas nun apartado final.
NIVEL E CALIDADE DA PROFUNDIZACIÓN TEMÁTICA
CAPACIDADE DE ANÁLISE
Estructuración e análise crítica da información
Orixinalidade e rigorosidade argumental
EXPOSICIÓN FINAL
Fluidez da presentación
Capacidade de convicción |
40 |
Outros |
Actitude proactiva na aula e lecturas complementarias. |
10 |
Para superar a materia, os alumnos deben acadar unha puntuación mínima de 5 puntos. A puntuación pola participación e realización de todas as tarefas definidas mantense nas convocatorias do curso académico e non se gardará para cursos sucesivos. Calquera estudante que participe no 15% das probas de avaliación do programa non poderá figurar nas cualificacións finais como "non presentado". |