Sesión maxistral |
Para cada tema o docente presentará na aula as cuestións mais relevantes e formulará a metodoloxía a seguir para interpretar as consecuencias e efectos prácticos da norma tributaria. Posteriormente o alumno deberá revisar de xeito autónomo os contidos expostos. |
Prácticas en aulas de informática |
As sesións prácticas en aula informática faránse de xeito individualizado e consistirán na resolución dun caso práctico empregando as aplicacións informáticas da Axencia Tributaria.
Para o seu desenvolvemento os alumnos disporán previamente do enunciado do caso na Plataforma
Tema. |
Prácticas autónomas a través de TIC |
Cada semana, despois da sesión maxistral, abriráse un formulario práctico dixital (de resposta curta ou test) na Plataforma Tema, relativo ós contidos desenvoltos na sesión maxistral.
Trátase de actividades non presenciais que posibilitan o seguimento e avaliación do alumno, que
deberá responder nos prazos sinalados. |