Traballos tutelados |
O estudantado, de forma individual ou en grupo, elabora un documento sobre a temática da materia ou prepara seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias etc. Tratarase dunha actividade en grupo ou individual na que o alumnado recolle información, manexa bibliografía, elabora docimentacions, etc. |
Resolución de problemas e/ou exercicios |
Formulación, resolución, presentación e debate de exercicios/cuestións/problemas por parte do alumno, de forma individual ou en grupo, baixo a proposta, guía e supervisión do profesor |
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma |
Actividade en que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa disciplina. O alumnado debe desenvolver de forma autónoma a análise e a resolución dos problemas e/ou exercicios |
Prácticas de laboratorio |
Exercicios de aplicación práctica de diversas técnicas por parte do alumno a través das TIC en aulas de informática, de forma individual ou en grupo, baixo a proposta, guía e supervisión do profesor |
Sesión maxistral |
Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices do traballo, exercicios ou proxectos que debe desenvolver o estudante |