Prácticas de laboratorio |
Nas prácticas de laboratorio os alumnos deberán responder por escrito aos cuestionarios que se lles propoñan sobre materias explicadas nas sesións maxistrais, podendo acadar polas boas contestación neste apartado ata 2 puntos da nota final.
Asimesmo, o Profesor plantexará a resolución, ben guiada ou autónoma, de casos prácticos. Pola acertada resolución ou prantexamento dos mesmos ou polas boas intervencións que realicen neste apartad, poderán acadar ata 1 punto da nota final. |
30 |
Probas de resposta curta |
Ó final do cuatrimestre haberá un exame que consistirá nun cuestionario de doce preguntas breves. A nota máxima que se poderá acadar co exame é de 6 puntos.
Pese a que se ten moi en conta a participación do alumno nas prácticas e seminarios (podendo acadar ata un 4 de nota con tales actividades), o exame segue sendo unha peza clave para valorar o coñecemento xeral da asignatura polo alumno. Por iso, para que a nota do exame final poida facer media coa nota obtida nas prácticas e seminarios, é preciso que no exame final se obteña, como mínimo, unha nota de 2 puntos (calculados sobre 6 coma puntuación máxima). |
60 |
Aos alumnos que non aproben a asignatura na primeira convocatoria (ordinaria), conservaráselles a nota obtida, a través da avaliación contínua nas clases prácticas e seminarios desdenvolvidas no cuadrimestre, para a segunda convocatoria (extraordinaria) do curso académico. |