Prácticas de laboratorio |
As clases prácticas consistirán, principalmente, na resolución de problemas xurídicos que xurdan dun suposto práctico. Nelas o alumno terá a oportunidade de profundizar, guiado polo profesor, nos distintos temas que integran o programa da asignatura. O alumno deberá manexar directamente os textos legais, e responder de forma fundada as distintas cuestións plantexadas en relación cos problemas que se susciten.
Tamén procederáse á contestación escrita polo alumno de cuestionarios de distinto formato relativos á materia explicada nas sesións maxistrais. |
Sesión maxistral |
Na clase maxistral o profesor exporá e explicará os aspectos máis relevantes dos distintos temas que integran o programa da asignatura. O obxectivo é que ditas clases constitúan unha base de coñecemento que deberá ser completada por outras vías, tales como a realización de casos prácticos, actividades de seminario, lecturas recomendadas, estudo personal, etc. |