Para o correcto seguimento da materia é preciso contar con acceso a internet e unha conta de correo electrónico (En todo caso, o alumnado sempre disporá de internet nas aulas de libre acceso da Facultade). Requerirase tamén o manexo de programas informáticos básicos (unha folla de cálculo e un procesador de textos). Así mesmo, será esencial a utilización da Plataforma Tem@, o programa informático da Universidade de Vigo que, ademais de permitir o intercambio de información entre profesores e estudantes, tamén alberga os cuestionarios e exercicios de redacción de cada cada un deles, de cara a facilitar o seguimento e evolución do alumno (e a súa propia autoavaliación). |