Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma |
Consiste na resolución, de forma individual ou en grupo, de cuestións formuladas, guiadas e supervisadas polo profesorado sobre a disciplina. Avaliarase a participación do alumnado e a comprensión da materia. Inclúe a asistencia a todas as sesións, a entrega de informes, arquivos e proba/s escrita/s. Teranse en conta na avaliación unha vez se aprobe o exame teórico. |
40 |
Probas de resposta curta |
Será necesario aprobar este apartado para aplicar porcentaxes e avaliar prácticas. Proba para avaliar as competencias adquiridas que inclúe preguntas directas sobre un aspecto concreto. O estudante debe responder de xeito directo e breve en función dos coñecementos que teña sobre a materia. Constará de preguntas curtas a nivel de concepto, enumeración ou resumo sintético sobre os contidos da materia. |
60 |