Prácticas de laboratorio |
Avaliarase a asistencia e o traballo na aula de informática. |
10 |
Outras |
Ao final do semestre realizarase un EXAME, que constará de preguntas curtas tipo test e exercicios a desenvolver relativos a toda a materia vista en clase.
As preguntas tipo test serán de resposta única e con catro posibles opcións. Sobre o número total de preguntas da parte tipo test, cada resposta correcta suma 1 punto e cada resposta incorrecta resta un terzo. As preguntas en branco non suman nin restan. |
50 |
Unha mala nota nas probas prácticas pode recuperarse co traballo e a participación nas prácticas de encerado.
Para os alumnos que ao finalizar o curso se encontren nalgún dos seguintes casos: 1. Asistiu a dez ou máis prácticas, 2. Se presento a máis dunha proba práctica, 3. Se presento ao exame final, a nota final da materia será a suma de todas as notas obtidas nos apartados anteriores. O alumno que non se encontre nalgún dos casos anteriores, recibirá a cualificación de non presentado.
Os criterios de avaliación son os mesmos para todas as oportunidades do curso. A nota obtida na parte práctica da materia mantense para todas as oportunidades do curso.
|