Foros de discusión |
Nos foros de discusión, poñeranse en común e discutiranse as solucións dadas ás prácticas autónomas. |
Actividades introdutorias |
A primeira sesión da materia será presencial (aínda que tamén será gravada e colgada na plataforma do posgrao) e dedicarase a explicar con detalle os obxectivos que se pretende acadar, o temario, a forma en que se desenvolverá a docencia e os procedementos de avaliación. |
Estudos/actividades previos |
O alumno contará, na plataforma do posgrao, dunha guía cos principais contidos da materia desenvolvidos, así como dunha bibliografía básica de lectura obrigatoria, que debe asimilar co fin de poder realizar con éxito os exercicios prácticos. |