Asignatura que se insire na materia “Metodoloxía de investigación lingüística”, encamiñada a formar ao alumnado na
1) búsqueda de fontes e referencias para a realización de traballos de investigación de carácter lingüístico;
2) a familiarización cos recursos e ferramentas informáticas disponibles na actualidade;
3) a delimitación dos temas e o estudo sistemático dos datos conforme aos principios e métodos científicos;
4) a redacción e a presentación deses traballos conforme aos modelos usuais en lingüística;
5) a difusión e publicación dos resultados das investigacións nos distintos ámbitos e foros especializados.
Dos puntos enriba expostos, a asignatura “Análise de datos na investigación lingüística” ten como finalidade primordial a formación do alumnado nos puntos 2 e 3.