(*)Introdución a diversos métodos de análise de datos aplicables á investigación lingüística (cálculo de frecuencias normalizadas, promedios, índices de significatividade estatística, chi-square, análise de varianza, etc.), capacitando ao alumnado para a interpretación de resultados e o manexo autónomo de (i) ferramentas e/ou programas informáticos de creación de bases de datos (Acces, Excel), (ii) ferramentas de lingüística de corpus (WordSmith Tools) que permitan a detección e compendio de palabras ou grupos léxicos (WordList), palabras ou frases en contexto (Concord), términos clave (KeyWords), etc., e (iii) ferramentas e programas de procesamento estatístico (SPSS). Prestarase especial atención a aspectos como o diseño e planificación do proceso de análise en función dos datos que se obteñan na investigación, o establecimento de hipóteses, variables e parámetros de análise e medición, ou a interpretación e presentación dos resultados obtidos.