Avaliación continua: A avaliación continua é a modalidade de ensino presencial para a materia. Neste sentido, a condición para ser avaliada/o será a asistencia a un 80% das aulas. Levarase un control de asistencia mediante folla de sinatura. Se algunha persoa non pode cumprir esta condición, deberá comunicarllo á docente argumentadamente e presentar os xustificantes correspondentes. A opción pola avaliación continua implica a renuncia á avaliación única. A/o alumna/o deberá notificarllo á docente por escrito nas dúas primeiras semanas de clase. Se por causa de forza maior (traballo, enfermidade...) a/o alumna/o non puidese seguir o sistema de avaliación continua a pesar de escoller esta opción, poderá acollerse á avaliación única. A/o alumna/o que non supere a materia e teña que acudir á convocatoria de xullo deberá superar un exame con todos os contidos da materia. Ao longo de toda a avaliación penalizarase a copia e o plaxio. Avaliación única:
O alumnado que non se acolla á modalidade de ensino presencial (avaliación continua) poderá presentarse ao exame oficial da materia que terá lugar na última semana do curso. A data fixarase antes de rematar o mes de abril; farase pública na plataforma da materia (Faitic) na sección "Anuncios". O exame final incluirá cuestións teóricas e prácticas relativas ao total dos contidos abordados ao longo do semestre. A nota mínima que se require para superar esta proba é un 5 sobre 10.
O exame constará de 2 partes: nunha primeira parte a tradución se
efectuará con todo tipo de obras de consulta, sen ordenador e acceso
a internet; nunha segunda parte tamén se poderá contar con ordenador e
as fontes de información dispoñibles en internet.
Os exercicios do exame realizaranse en papel. O exame constará dun exercicio de tradución de entre 200 e 250 palabras, así como varias preguntas sobre as estratexias tradutivas aplicadas. Penalizarase a copia e o plaxio. |