Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma |
Neste apartado avaliaranse todo tipo de exercicios relacionados coa competencia lingüística e tradutora. Poderán ser exercicios que traten de dificultades de tradución, análise de tradución... Terase especialmente en conta a calidade lingüística dos textos producidos polo alumnado tanto escritos como orais e a súa participación activa nas clases. |
30 |
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. |
Neste apartado, entragaránselle ao alumnado textos para seren traducidos que tenten simular situacións reais de traballo.
Haberá prazos de entrega de encargas de tradución. |
35 |
Para o alumnado que segue a modalidade presencial, todas as probas realizadas son de caráter obrigatorio, así como a elaboración do traballo. O alumnado deberá superar todas as probas para poder acadar o aprobado. O alumnado que suspenda algunha das probas deberá recuperar esa parte da materia na data do exame oficial da convocatoria de maio-xuño fixada polo centro que terá lugar na derradeira semana de clase.
A avaliación contnua e única son incompatibles.
O alumnado que suspenda a avaliación de maio-xuño deberá presentarse á convocatoria de xullo que incluirá todos os contidos da materia.
Para o alumnado que se acolla a sistema non-presencial ou que perda a presencialidade, haberá dúas probas de exame: maio-xuño e xullo na derradeira semana de clase. O exame consistirá na realización dun traballo de tradución (dende o francés cara ao galego), así como dunha proba de resposta curta sobre os contidos teóricos impartidos. Deberá superar as dúa probas.
Penalízase a copia ou plaxio.
|