Esta materia de tradución 100% directa lle permitirá ao alumno unha primeira aproximación á teoría e práctica da tradución editorial, principalmente no ámbito da tradución literaria. O alumno será capaz de identificar as características dos textos literarios, de defender as súas propostas de tradución, de avaliar textos literarios traducidos e manexará as estratexias de trasvase e fontes de documentación necesarias.