Resolución de problemas e/ou exercicios |
A resolución de problemas e exercicios consistirá na realización e corrección de calquera actividade relacionada co eido da tradución (directa, inversa, revisión, etc.). |
Estudo de casos/análises de situacións |
Os estudos de casos consistirán na realización de exercicios de natureza práctica relacionados cos temas que se estudaron a nivel teórico (por exemplo, emisión de facturas, división de herdanzas, aplicación de penas, etc.) |
Estudos/actividades previos |
As actividades e estudos previos consistirán, sobre todo, na lectura comprensiva e crítica de diversos textos propostos polo docente. |