Esta Tradución inglés-galego é unha materia obrigatoria 6 créditos ECTS situada no primeiro cuadrimestre do
terceiro curso do Grao en Tradución e Interpretación. En xeral, as distintas materias de tradución concíbense
como continuación da materia de Antropoloxía das prácticas de tradución e interpretación e como un
afondamento do alumnado no proceso tradutor e en tódolos parámetros que o determinan.
Tódolos materiais cos que o alumnado traballa tanto na clase como individualmente son reais e non adaptados,
susceptibles de seren obxecto de tradución e non simples actividades creadas ad hoc.
Esta materia, de tradución directa, mantén estreitas relacións didácticas, pedagóxicas, conceptuais e procedimentais coas demais
materias da licenciatura, xa que afonda nas ferramentas do proceso tradutor, que lle servirán ó alumnado para
encarar, por exemplo, o estudo das traducións especializadas, inversas, etc.