Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. |
Realización dunha proba de interpretación simultánea entre as linguas B-A.

Para cualificar esta proba valorarase os seguintes elementos:

1. Técnica: capacidade de escoita activa e análise; toma de decisión a respecto da

información principal necesaria (estratexia minimax, principio de simplificación);

estruturación (ordenar os bloques coherentemente e uso de nexos); resolución de

problemas

2. Contidos: corrección dos contidos;

3. Expresión oral: rexistro; fluidez; seguridade; compás/ritmo;

4. Corrección lingüística e vocabulario

Á marxe da media final, a superación dos apartados 1 & 2 é condición sine qua non para

superar a proba no seu conxunto.

Non rematar a proba ou deixar calquera elemento sen acabar implicarán suspender a

proba no seu conxunto para alén de calquera outra consideración. |
90 |
As/Os estudantes que desexaren
acollerse á modalidade de avaliación continua deben comunicalo ao profesor ou á
profesora cunha anterioridade máxima dun mes previa á data do exame final. Para poder optar á avaliación
continua descrita anteriormente (elaboración de discursos, aplicación de
coñecementos teóricos, realización dunha proba de interpretación), cómpre
asistir a 80% das clases. Para alén de máis, é imprescindíbel obter unha
puntuación mínimo de 5 sobre 10 na proba de interpretación simultánea para aprobar
a materia no seu conxunto, ao que se sumará a puntuación acadada nos outros
apartados.
A avaliación única, para aquel@s estudantes
que renunciaren á avaliación continua ou que non cumpriren coa condición da
asistencia mínima ás clases, consistirá nun único exame de interpretación simultánea dun discurso da lingua B-A máis extenso e de maior dificultade (densidade de
información e velocidade), coa posibilidade de introducir tamén algunhas
preguntas finais para interpretar á lingua B. O exame realizaráse o última semana de clase. A segunda convocatoria consistirá nun
único exame de interpretación simultánea dun discurso da lingua B-A de tipo
similar á proba realizada na modalidade de avaliación continua, coa
posibilidade de introducir tamén algunhas preguntas finais para interpretar á
lingua B.