Presentacións/exposicións |
Os resultados dos traballos prácticos realizados tanto na clase como fóra da clase serán comentados coa profesora durante as titorías personalizadas.
Unha vez asignados os temas das exposicións, os distintos grupos realizarán unha reunión coa profesora para preparalos. Ao remate das mesmas, volverán reunirse coa profesora para comentar os resultados.
Todas as dúbidas que se presenten, tanto durante as clases maxistrais como durante a realización dos traballos prácticos e as exposicións na clase, poderán resolverse mediante consulta á profesora en horario de titorías ou empregando o “foro de dúbidas” que se abrirá a tal efecto en FAITIC. |
|