Existen dous sistemas de avaliación: continua e única.
No primeiro sistema -avaliación continua- esíxese un mínimo de asistencia presencial do 80%, salvo casos excepcionais nos que a criterio do docente se poderá dispensar do cumprimento deste requisito. Na avaliación do alumnado presencial, a cualificación determinarase conforme o seguinte criterio: Asistencia e participación activa nas clases: 20% Entrega de dúas encomendas: 50% Realización dunha proba de exame: 30% Para o alumnado que non asista con regularidade a clase, haberá unha proba de avaliación -única- que versará sobre os contidos do programa no seu desenvolvemento práctico. Esta proba consistirá basicamente na tradución directa de textos, para a cal se poderá utilizar calquera apoio bibliográfico e ferramenta de tradución. A data desta proba será a da penúltima xornada lectiva segundo o calendario oficial do curso. En calquera caso, a copia ou plaxio nas probas de exame suporá unha cualificación negativa. |