Prácticas en aulas de informática |

Avaliaranse conxuntamente cos traballos de aula e as prácticas autónomas a través de TIC. TERANSE EN CONTA PARA PRECISAR A NOTA FINAL. |
0 |
Resolución de problemas e/ou exercicios |

Avaliarase a resolución dos problemas e exercicios propostos. TERANSE EN CONTA PARA PRECISAR A NOTA FINAL. |
5 |
Presentacións/exposicións |

Avaliarase conxuntamente co traballo tutelado. TERANSE EN CONTA PARA PRECISAR A NOTA FINAL. |
5 |
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. |
Consistirá nunha proba teórico-práctica de resolución de problemas puntuais de tradución a presentados a través de microtextos semellantes aos estudados na clase. O alumno poderá levar material de apoio ao exame (power points, apuntamentos, internet, dicionarios etc.). |
70 |
A avaliación continua é a modalidade de ensino presencial para a materia. Se algunha persoa non pode cumprir esta condición, deberá comunicarllo á docente argumentadamente e presentar os xustificantes correspondentes. A opción pola avaliación continua implica a renuncia á avaliación única final. O alumnado deberá notificarllo á docente por escrito nas dúas primeiras semanas de clase. Se por causa de forza maior (traballo, enfermidade...) o alumno non puidese seguir o sistema de avaliación continua a pesar de escoller esta opción, poderá acollerse á avaliación única. O alumno que non supere a materia e teña que acudir á convocatoria de xullo deberá superar un exame con todos os contidos de toda a materia (ver condicións, semellantes ás da avaliación única). INCLUIRASE UNHA PREGUNTA NAS PROBAS DE DESENVOLVEMENTO SOBRE A OBRA LITERARIA OBRIGATORIA DE CURSO.
Avaliación única: O alumnado que non se acolla á modalidade de ensino presencial (avaliación continua) poderá presentarse ao exame oficial da materia na segunda semana de decembro (informarase da data coa debida antelación). O exame final incluirá cuestións teóricas e prácticas relativas ao total dos contidos abordados ao longo do cuatrimestre. A nota mínima que se require para superar esta proba é un 5 sobre 10. Como material de apoio para o exame poderase levar ordenador (procesador de textos, dicionarios instalados e apuntamentos) e todo tipo de obras de consulta. Os exercicios do exame realizaranse en papel.