Prácticas en aulas de informática |
Para estas prácticas precísase dispor de equipo informático con conexión a Internet. Farase sobre todo traballo documental previo á tradución e traballo de aprendizaxe dalgunhas ferramentas básicas para a tradución. Avaliaranse conxuntamente cos traballos de aula e as prácticas autónomas a través de TIC.
|
Resolución de problemas e/ou exercicios |
Realizaranse exercicios de tradución, que tentarán reproducir situacións reais, e exercicios de resolución de problemas (dificultades de tradución). Despois da presentación da base conceptual e procedimental nas sesións maxistrais, nas horas presenciais farase o traballo previo de análise e resolución de dúbidas. A seguir, o alumnado preparará as tarefas pola súa conta. Finalmente, e de novo nas horas presenciais, farase a posta en común e corrección dos resultados. Esta parte terase en conta na avaliación continua.
|
Sesión maxistral |
As sesións maxistrais dedicaranse a explicar os contidos máis teóricos da materia, como a descrición do mercado da tradución do inglés ou a tipoloxía de erros, así como contidos teóricos fundamentais para desenvolver as tarefas prácticas, como aspectos contrastivos morfosintácticos e estilísticos entre as dúas linguas, referentes culturais etcétera. Malia estaren no apartado de sesións maxistrais, as clases serán de índole participativa e sempre estarán apoiadas por un soporte práctico.
|
Traballos tutelados |
Inclúese aquí o traballo que o alumnado debe realizar obrigatoriamente para a avaliación continua (20% da nota final). Consistirá nunha encomenda de tradución titorizada polo docente ao longo de todo o proceso.
|
Actividades introdutorias |
Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia. Explicarase, en especial, o sistema de avaliación, a bibliografía recomendada e a de lectura obrigatoria. Ao finalizar, e xa como traballo autónomo, o alumnado deberá localizar a bibliografía dada.
|