A materia concíbese como un espazo didáctico en que a/o alumna/o deberá alcanzar competencia na resolución de problemas de dificultade media de tradución de textos xerados en contextos xerais de dificultade media na combinación lingüística inglés > galego (tradución 100% directa), sensibilizarse cos aspectos culturais dalgunha das comunidades de falantes da lingua estranxeira e desenvolver as súas habilidades e competencias profesionais na tradución de textos xerais de dificultade media redactados en inglés. Enténdese que o alumno está familiarizado cos principios metodolóxicos básicos da tradución (adquiridos a partir da materia “Tradución Idioma I, 1 francés-galego”), da tradución do inglés ao galego (adquiridos a partir da materia “Tradución Idioma II, 1 inglés-galego”) e que posúe coñecementos razoables (nivel C2) das linguas de traballo. Dado que o inglés é a súa segunda lingua estranxeira, suponse que a súa competencia cultural no contexto das comunidades angloparlantes está nun nivel baixo-medio.