Existen dous sistemas de avaliación: continua e única. No primeiro sistema -avaliación continua- esixese un mínimo de asistencia presencial do 80%, salvo casos excepcionais nos que a criterio do docente se poderá dispensar do cumprimento deste requisito. Na avaliación do alumnado presencial, a cualificación determinarase conforme os seguintes criterios: Asistencia e participación activa nas clases: 40% Nesta porcentaxe do 40 % inclúese a lectura obrigatoria que se ha realizar (10%), exposicións e debates (20%) e participación noutros traballos de carácter colaborativo (10%). Entrega de dúas encomendas: 30% Realización de probas de exame: 30% A proba consistirá na tradución, en tempo limitado, de diversos textos en dúas sesións: unha delas á vista e outra con dicionarios e fontes telemáticas. Estas probas teñen carácter continuo e cómpre obter un aprobado conxunto para superar a materia. Para o alumnado que non asista con regularidade a clase, haberá unha proba de avaliación -única- que versará sobre os contidos do programa no seu desenvolvemento práctico. Esta proba farase ben na última ben na penúltima sesión de clase e a data concreta farase pública con antelación por medio do blog de traballo http://nonfalsosamigos.blogspot.com.es e/ou a través de correo electrónico. Esta proba consistirá nunha tradución directa de diversos textos, en tempo limitado, e o alumnado pode empregar todos os dicionarios e obras de consulta que queira. En calquera caso, a copia ou plaxio nas probas de exame suporá unha cualificación negativa. |