Resolución de problemas e/ou exercicios |
Nas actividades e sesións de traballo procurarase unha comunicación fluída na relación docente-discente.
Ao longo das actividades introdutorias, co obxecto de facer unha avaliación inicial das características individuais e grupais do alumnado.
Nas sesións en que se expoñan os exercicios de práctica de tradución dun xeito individual e autónomo, a supervisión e crítica da realización de encomendas constituirá unha parte esencial.
O alumnado que, por razóns xustificadas, non poida asistir con regularidade contará con apoio e seguimento individualizado, tanto presencial como telemático por medio de correo electrónico ou outa vía. |
|