Avaliación continua:
A avaliación continua é a modalidade de ensino presencial para a materia. A condición para ser avaliada/o será a asistencia a un 80% das aulas. Levarase un control de asistencia mediante folla de sinatura. Se algunha persoa non pode cumprir nalgún momento esta condición, deberá comunicarllo á profesora argumentadamente e presentar os xustificantes correspondentes.
A opción pola avaliación continua implica a renuncia á avaliación única. A/o alumna/o deberá notificarllo á docente por escrito nas dúas primeiras semanas de clase. Se, por causa de forza maior (traballo, enfermidade...), a/o alumna/o non puidese seguir o sistema de avaliación continua a pesar de escoller esta opción, poderá acollerse á avaliación única.
Para poder ser avaliada/o, é obrigatorio ter aprobada cada unha das avaliacións das distintas metodoloxías.
O alumnado acollido ao sistema de avaliación continua que non supere a materia e teña que acudir á convocatoria de xullo debe superar un exame con todos os contidos da materia.
Ao longo de toda a avaliación penalizarase a copia e o plaxio.
Avaliación única:
O alumnado que non se acolla á modalidade de ensino presencial (avaliación continua) poderá acollerse á avaliación única. Neste caso, a avaliación realizarase por medio dunha única proba consistente nun exame que terá lugar o último día de aulas do cadrimestre (avisarase o alumnado a través de Faitic). De non superar esta primeira convocatoria, disporase dunha segunda en xullo. Neste caso, a proba terá lugar na data fixada pola Xunta de Facultade para a convocatoria de xullo.
O exame final incluirá cuestións teóricas e prácticas relativas ao total dos contidos abordados ao longo do semestre. A nota mínima que se require para superar esta proba é un 5 sobre 10. Como material de apoio para o exame poderase levar ordenador (sen acceso a Internet) e todo tipo de obras de consulta. Os exercicios do exame realizaranse en papel. O exame constará dun exercicio de tradución de entre 200 e 250 palabras (85%), un comentario ou preguntas sobre as estratexias tradutivas aplicadas na tradución (10%) e unha pregunta de control de lectura (5%).
Penalizarase a copia e o plaxio. |