Estudo de casos/análises de situacións |
Preséntanselle ao alumno situacións reais de tradución ante as que deberá de tomar unha serie de decisións sobre como realizar a encarga e solucionar os problemas que presentan.
|
Prácticas autónomas a través de TIC |
A través da plataforma TEMA e doutras TIC da web 2.0 os alumnos deberán desenvolver e entregar traballos, responder a encargas, participar en debates, realizar cuestionarios de autoavaliación, participar no traballo en grupos, etc.
|
Sesión maxistral |
Nestas sesións os docentes presentarán:
a) os temas introdutorios que servirán de marco de traballo para o resto do semestre,
b) as cuestións metodolóxicas e técnicas relevantes en cada encarga de tradución.
|