Pártese dun nivel suposto de avanzado alto/proficiency (MCER C1) e preténdese que o alumnado alcance un nivel superior de proficiency (MCER C1-C2). O curso ten unha orientación práctica, enfocándose en tarefas de lectura e audición baseadas en textos reais e profesionais, así como traballos escritos e presentacións orais. Os coñecementos lingüísticos refórzanse coa lectura de textos sobre a actualidades económica, política, lingua xurídica, e tecnoloxía.