Resolución de problemas e/ou exercicios |
Nestes exercicios propoñeranse ao discente a resolución de diversos problemas e exercicios de carácter práctico nos que o discente mostrará a evolución e grao da súa aprendizaxe e axudaranlle a comprender e interiorizar as competencias da materia. |
40 |

Ao inicio do curso, os alumnos deberán indicarlle ao docente a forma de avaliación pola que optan, é dicir, avaliación continua (asistencia regular, traballos de aula, presentacións, proxectos, probas, etc.) ou avaliación única (un unico exame oficial da materia fixado pola Facultade no mes de xaneiro).

Os alumnos que opten pola avaliación continua e que non superen a materia ao final do cuadrimestre poderán presentarse á convocatoria oficial de xullo e ás sucesivas convocatorias, nas que non se gardarán as cualificacións obtidas a través das probas, actividades e traballos realizados ao longo do curso.

Os estudiantes Erasmus poderán realizar as probas coa axuda dun dicionario.

Tanto nas probas coma no resto dos exercicios propostos ao longo do curso penalizaranse os erros ortográficos, os erros na expresión, as incoherencias sintácticas, etc. con 0,25 puntos por cada falta.

O plaxio ou a copia suporá a non calificación do exercicio, traballo, etc.