Probas de resposta longa, de desenvolvemento |
Consistirá nun exame que abordará os temas estudiados durante o curso. Nesta proba terán cabida preguntas de carácter teórico e outras de carácter práctico. Realizarase na antepenúltima sesión docente e dedicaranse as dúas últimas sesións a tarefas de revisión e comentario das probas realizadas. |
50 |

Ao inicio do curso, os alumnos deberán indicarlle ao docente a forma de avaliación pola que optan, é dicir, avaliación continua (asistencia regular, traballos de aula, presentacións, proxectos, probas, etc.) ou avaliación única (exame oficial da materia fixado pola Facultade). Os discentes que se acollan ao sistema de avaliación única realizarán un exame no que terán cabida cuestións teóricas e prácticas.

Os alumnos que opten pola avaliación continua e que non superen a materia ao final do cuadrimestre poderán presentarse á convocatoria oficial de xullo e ás sucesivas convocatorias, nas que non se gardarán as cualificacións obtidas a través das probas, actividades e traballos realizados ao longo do curso.

Os estudiantes Erasmus poderán realizar as probas coa axuda dun dicionario.

A lectura dunha obra literaria será obrigatoria.

Tanto nas probas coma no resto dos exercicios propostos ao longo do curso penalizaranse os erros ortográficos, os erros na expresión, as incoherencias sintácticas, etc. Se durante a corrección de actividades e traballos detéctase copia ou plaxio, os referidos traballos non se valorarán.
A avaliación das lecturas obrigatorias relizarase no exame final. |