Traballos de aula |
Exercicios e actividades de aplicación e síntese realizados na aula. |
20 |
Prácticas autónomas a través de TIC |
Exercicios sobre aspectos prácticos do temario ao remate de cada unidade por medio de cuestionarios dispoñibles na plataforma de teledocencia Faitic Tema |
15 |
O sistema de avaliación neste curso é o continuo. O alumnado deberá asistir a un 80% das sesións presenciais como mínimo, participar nas actividades de clase e presentar os traballos e exercicios conforme aos prazos de entrega establecidos ao comezo do curso. O exame final de coñecementos básicos realizarase nunha das sesións da derradeira semana do curso. As alumnas e alumnos que suspendan a materia na primeira edición das actas terán que repetir e superar na segunda edición de actas en xullo aquelas partes da avaliación non aprobadas. Gardarase a nota das partes restantes e non variarán as porcentaxes da cualificación final. O procedemento de recuperación das partes que haxa que repetir é o seguinte:
- Sesión maxistral. Haberá un novo exame final de coñecementos básicos das mesmas características do primeiro.
- Traballos de aula. Avaliaranse por medio dunha proba escrita con preguntas que recollan os mesmos obxectivos competenciais e nivel de coñecementos dos exercicios e actividades suxeitas a avaliación nas sesións presenciais.
- Presentacións/exposicións. Un traballo suspenso terá que volver a presentarse unha vez corrixidas as deficiencias e inexactitudes sinaladas. Cada presentación terá lugar nunha data acordada co profesorado da materia.
- Prácticas autónomas a través de TIC. Recuperaranse por medio dun cuestionario que inclúa preguntas do mesmo tipo das contidas nos exercicios en liña durante o curso.
Aquelas persoas matriculadas que non poidan asistir ás clases coa regularidade esixida deberán comunicarllo ao profesorado ao comezo do curso e explicar as razóns e non poderán facer avaliación continua. De todos os xeitos, recoméndaselles que asistan ao maior número de sesións presenciais que lles sexa posible. Para estas persoas que xustificadamente non poden realizar a avaliación continua, existirá un modelo de avaliación única ao final do cuadrimestre por medio dun exame global e comprensivo que constará de tres partes.
- Acreditación do seu coñecemento teórico e práctico dos contidos fundamentais da materia por medio de preguntas tipo tema (40% da cualificación final).
- Exercicios de aplicación, síntese e creación do mesmo tipo dos realizados na aula e na Tic no sistema de avaliación continua (50% da cualificación final).
- Un suposto práctico: A elaboración dun esquema razoado (un resumo) para un traballo sobre un punto dos contidos que inclúa unha primeira descrición do problema a tratar, algúns exemplos ilustrativos, as fases a seguir e o obxectivo final que se pretende acadar no proxecto (10% da cualificación final).
As alumnas e alumnos que suspendan nesta modalidade de avaliación única na primeira edición das actas en maio terán que repetir e superar na segunda edición de actas en xullo aquelas partes que teñan suspensas. Gardarase a nota das partes aprobadas e non variarán as porcentaxes da cualificación final. O alumnado que non se presente á avaliación única terá que facer o exame de xullo completo e recibirá a cualificación correspondente na segunda edición das actas. |