O alumnado repasará e exercitará as destrezas gramaticais e as competencias lingüísticas e de comprensión adquiridas previamente (Francés I, II, III, IV).
A finalidade desta materia é que o alumnado consiga unha verdadeira performancia que lle permita profundizar e interrelacionar sintaxe e semántica: forma e sentido propio e figurado.
Por iso é absolutamente necesario que posúa un perfecto coñecemento normativo do francés estándar falado e escrito. Só a partir del, poderá logo captar teórica e practicamente os matices e as suxestións pragmáticas, estiilísticas, retóricas, culturais, etc. do texto nas súas múltiples manifestacións pragmático-discursivas.
O recurso á análise, comentarios pragmátiico-discursivos, paráfrases e resumos de moi diversos textos da actualidade cultural, política e económica francófona, etc. permitirá alcanzar os devanditos obxetivos.