Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Análise e interpretación literaria de textos do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Avaliarase a participación e implicación do alumnado nas sesións presenciais (tanto nas sesións maxistrais coma nos seminarios): atención, comentarios e preguntas pertinentes ao fío das explicacións. 5
Traballos de aula Avaliarase a participación e implicación do alumnado nas sesións presenciais de prácticas e nos debates de comentario dos textos. Valorarase non só a participación cuantitativa senón tamén a pertinencia das achegas. 15
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas nas que o alumnado debe realizar exercicios de análise e comentario crítico de textos aplicando os conceptos teóricos estudados nas aulas, empregando o vocabulario específico e a terminoloxía crítica, identificando os recursos formais e aspectos estilísticos relevantes e axeitándose ás normas académicas de elaboración de traballos científicos. Estes exercicios poderanse realizar tanto presencial coma non presencialmente. Na avaliación teranse en conta a adquisición das competencias referidas tanto ao coñecemento da cuestión analizada coma á construción de argumentos e a súa expresión escrita correcta. 30
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Haberá dous exames parciais sobre os contidos da materia. O primeiro terá lugar ao final da unidade dedicada ao xénero da poesía. O segundo parcial celebrarase entre a penúltima e a última semana de aulas. A data concreta acordarase entre alumnado e profesora con antelación suficiente. As cualificacións obtidas en ambos os parciais farán media artimética e o resultado constituirá o 50% da cualificación final da materia. 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

1.1. Avaliación continua

Na primeira edición de actas a avaliación será continua, consonte o detallado máis arriba. A
condición para ser avaliada/o será a asistencia a un mínimo do 80% das aulas.
É obrigatorio realizar e entregar no prazo estabelecido todos os traballos
asignados
durante o desenvolvemento das aulas. Os traballos non entregados
ou entregados fóra de prazo contarán coma un cero. Do mesmo xeito, os traballos
que non cumpran os requisitos mínimos de corrección lingüística e conteñan
erros gramaticais graves contarán coma un cero. A non realización dun exame parcial suporá un cero.

A entrega de traballos e exercicios así como a
realización das probas parciais implican a aceptación do sistema de avaliación
continua por parte do alumnado. O alumnado avaliado por este sistema non poderá
presentarse ao exame correspondente á avaliación única (ver apartado 1.2.), e a súa cualificación na primeira edición de actas
corresponderá ao cómputo das notas obtidas nas probas realizadas durante o
curso.

A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado
da súa responsabilidade.

1.2. Avaliación única

Se algunha alumna/o non se pode acoller á avaliación continua por motivos
xustificados
, deberá comunicarllo á profesora argumentadamente ao comezo
do cuadrimestre (nas dúas primeiras semanas de clase)
. Nese caso, poderá
ser avaliada/o mediante un exame único, baseado nos contidos da materia, que
combinará preguntas teóricas e exercicios prácticos de análise e interpretación de textos e cuxa
nota constituirá o 100% da cualificación final. Este exame terá lugar na mesma data ca o segundo exame parcial da avaliación continua, data que será acordada entre profesora e alumnado con antelación suficiente.

A escolla desta opción
en ningún caso supón a perda do dereito a asistir ás aulas sempre que sexa
posíbel, o cal se recomenda encarecidamente. O alumnado que siga esta
modalidade de avaliación será responsábel de manter un contacto continuado coa
materia a través de Faitic.

2. SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS

Na segunda edición de actas (xullo) a avaliación levarase a cabo
mediante un exame único, baseado nos contidos da materia, que combinará
preguntas teóricas e exercicios prácticos de análise de textos e cuxa nota
constituirá o 100% da cualificación final. Este exame terá lugar na data
oficial de xullo aprobada pola Xunta de Facultade.



Recoméndase firmemente que o alumnado asista ás aulas
e titorías con regularidade e se implique activamente no seu proceso de
aprendizaxe.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000