Resolución de problemas e/ou exercicios |
Formulación de problemas que o alumnado debe resolver na clase relacionados con algúns temas. |
20 |
Outras |
En todas as actividades e probas valorarase a participación activa do alumnado. |
10 |
O alumno debe escoller a principio de curso o sistema de avaliación continua ou o sistema de avaliación única. Recoméndase, en todo caso, o primeiro deles. Na avaliación continua a condición para ser avaliado será a asistencia a un 80% das aulas. Se algún alumno non pode cumprir este requisito terá que falar coa profesora nun prazo de dúas semanas e xustificar a súa ausencia. Neste caso (non cumprir o requisito de asistencia) a avaliación será única mediante un exame ó final do cuadrimestre no que a cualificación suporá o 100% da nota final. Esta proba consiste no desenvolvemento dun tema e contestar a varias preguntas relacionadas co temario. O alumno que incumpra as condicións esixidas para a avaliación continua será avaliado ó final do cuatrimestre mediante un exame no que a cualificación suporá o 100% da nota final. Esta proba consiste no desenvolvemento de un tema e contestar a varias preguntas relacionadas co temario. Na segunda edición das actas (xullo) a avaliación será mediante un exame final no que a cualificación suporá o 100% da nota final. Esta proba consiste no desenvolvemento dun tema e contestar a varias preguntas relacionadas co temario. Non se admitirán os traballos fóra do prazo indicado pola profesora e non se tolerará o plaxio das actividades baixo ningunha circunstancia, moi especialmente a copia directa de internet e, especialmente, de wikipedia. |