Guia docente 2012_13
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Traballo de Fin de Grao
   Contidos
Tema Subtema
O TFG poderá versar sobre contidos relacionados con calquera das materias do grao.
A estrutura do TFG pode seguir distintos modelos e será o/a director/a quen aconselle en cada caso a estructura máis adecuada, aínda que debería incluír as seguintes seccións: 1. Índice paxinado.
2. Resumo dunhas 100 palabras (na lingua de redacción do traballo e, se for distinta, na lingua sobre a que se realizou o TFG).
3. Introdución e estado da cuestión. Presentación do tema de estudo e da súa pertinencia. Presentación da estrutura e dos obxectivos do TFG. Revisión crítica de antecedentes.
4. Marco teórico e deseño metodolóxico. Principais hipóteses e formulacións da proposta teórica elixida (conceptos máis relevantes empregados no traballo). Fontes primarias e secundarias, instrumentos analíticos, técnicas de produción de datos, etc.
5. Discusión e resultados. Presentación clara e organizada de todos os resultados obtidos para cada un dos aspectos analizados. Interpretación deses resultados e, se proceder, proposta de aplicacións prácticas que se poidan derivar dos devanditos resultados.
6. Conclusións. Verificación do grao de cumprimento dos obxectivos propostos, reflexión sobre os resultados máis interesantes do TFG, reflexión sobre os aspectos teóricos ou metodolóxicos que puideron xerar problemas durante a realización do estudo e propostas de liñas de actuación ou de investigación futuras que se deriven dos resultados obtidos.
7. Bibliografía. Todas as referencias bibliográficas citadas no texto. Recoméndase seguir o sistema de cita que se recolle nas normas de estilo presentadas máis abaixo; en todo caso, pódense empregar outros sistemas sempre que sexan precisos, coherentes e rigorosos.
8. Anexos. Se proceder, incluiranse ó final do TFG as mostras documentais, datos recollidos, etc., que permitan avaliar con precisión todo o traballo realizado. No caso de tratarse de datos moi cuantiosos, poderase engadir como anexo un CD-ROM coas bases de datos utilizadas. Os anexos estarán numerados, disporán dun título e aparecerán no índice.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000