Guia docente 2012_13
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Lingüística, comunicación e cognición
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos tutelados
<br>
<br><br>Avaliase a calidade dos traballos de curso propostos, tendo en conta a competencia do alumnado no relativo á reflexión sobre conceptos teóricos e ao dominio das técnicas e mecanismos formais de redacción e exposición oral.
40
Resolución de problemas e/ou exercicios Asistencia, seguimento e participación nas clases dedicadas a resolver os exercicios e os problemas propostos. 10
Debates
Preparación e participación activa nas sesións de debate que se propoñan ó longo do curso.
30
Probas de resposta curta Realización de probas escritas específicas nas que se demostre coñecementos conceptuais. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Prevense dúas posibilidades de avaliación: continua e única. A primeira, recomendada para todo o alumnado, prevé as actividades que se describen na táboa anterior. O alumnado que decida non acollerse a este tipo de avaliación fará un exame global de toda a materia, que coincidirá cunha hora de clase da derradeira semana do cuadrimestre. Ao principio de curso debe escollerse o sistema a seguir.

Todo o alumnado que non supere a materia satisfactoriamente ao final do cuadrimestre terá unha segunda oportunidade na convocatoria final do mes de xullo. Tanto para os que opten pola avaliación continua coma para os que elixan avaliación única, esta segunda oportunidade constará dunha proba escrita sobre os contidos da materia, cunha parte conceptual e outra de razoamento e argumentación. Para os de avaliación continua non se terán en conta as cualificacións parciais obtidas durante o curso.

Agárdase de todo o alumnado o máximo rigor no respecto ás normas éticas do traballo. No caso de detectárense prácticas de copia e/ou plaxio, a penalización poderá supoñer o suspenso da materia.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000