Na primeira edición das actas haberá dous procedementos de avaliación. 1. Avaliación continua. Só para os alumnos que asistan regularmente ás aulas (80%) e participen das actividades propostas. Por tratarse dunha materia de eminente carácter práctico, valorarase a intervención atinada do alumnado, tanto nos debates coma nos estudos de caso e outros traballos que se propoñan. 2. Avaliación única. Para os alumnos que non asistan regularmente ás aulas ou que aínda asistindo escollan esta modalidade, haberá dúas probas de avaliación: a. Un traballo de edición crítica dun texto, que se asignará ao comezar o cuadrimestre e deberá ser entregado na última semana (50%). b. Un exame teórico e práctico de lectura de manuscritos e de edición de textos que se realizará na última semana do cuadrimestre (50%). Na segunda edición das actas (xullo) haberá dúas probas de avaliación: a. Un traballo de edición crítica dun texto, que deberá ser solicitado ao profesor con antelación suficiente (un mes como mínimo) (50%) . b. Un exame teórico e práctico de lectura de manuscritos e de edición de textos (50%). OBS: Tanto na avaliación única coma na convocatoria de xullo deberán ser superadas ambas as probas, traballo e exame, para poder aprobar a materia. |