1ª edición das actas
O alumnado, ó comezo do cuadrimestre, poderá escoller entre un sistema de avaliación continua ou avaliación única.
a) Avaliación continua. As probas avaliadas son as que figuran arriba. Para aprobar hai que obter un mínimo dun 5 entre os dous traballos (farase media a partir dun 4 en cada un deles) e un 5 no exame do final dos cuadrimestre (nota mínima para facer media cos traballos 4 puntos). Non se poderá renunciar á avaliación continua, unha vez escollida, e pasar voluntariamente ó sistema de avaliación única agás por causas xustificadas. Para poder seguir a avaliación continua hai que asistir a un mínimo do 80% das clases e entregar os traballos tutelados e de aula nas datas fixadas. Se non se cumpren as condicións de avaliación continua (entrega de traballos, asistencia ás aulas) pasarase automaticamente ó sistema de avaliación única.
b) Avaliación única. Consistirá nun exame sobre todo o temario cun valor do 70% da nota e un traballo sobre un glosario especializado cun valor do 30%. Para facer media entre exame e traballo hai que obter un mínimo de 4 puntos en cada unha das dúas probas.
O exame da materia, tanto o que corresponda á avaliación única coma á avaliación continua, farase na última semana do curso.
2ª edición das actas
Consistirá nun exame sobre todo o temario cun valor do 70% da nota e un traballo sobre un glosario especializado cun valor do 30%. Para facer media entre exame e traballo hai que obter un mínimo de 4 puntos en cada unha das dúas probas. Aquel alumnado que suspenda a avaliación continua queda exento do traballo sobre un glosario nesta segunda edición das actas, sempre que o teña superado na 1ª edición das actas.
|