Traballos tutelados |
O profesor proporá ó alumnado a realización dun traballo de investigación guiado, como pode ser a gravación, transcrición e comentario fónético dun texto oral. Valorarase a súa correcta resolución tanto nos contidos coma na presentación do que debe ser un texto académico. |
20 |
Probas de resposta curta |
Realizarase unha proba escrita de resposta curta na última semana de clase do cuadrimestre sobre os contidos teórico-prácticos da materia. Esta proba pode coincidir no mesmo día que as probas de resposta longa. |
25 |
Outras |
Realizarase unha proba oral ó final do cuadrimestre na que o estudante deberá demostrar que domina o estándar fónico galego, sobre todo os trazos fónicos individulizadores. Será necesario superar esta proba para aprobar a materia. |
10 |
Existen dous sistemas de avaliación da
materia: a) Avaliación
continua, para o alumnado que asista regularmente ás clases
presenciais, e realice e entregue as tarefas de avaliación indicadas polo
profesor en tempo e forma. A puntuación final obterase da suma das porcentaxes das puntuacións
expresadas arriba. De non superar algunha das actividades que se avalían, o
profesor poderá mandar repetilas para corrixilas. En todo caso, o/a alumno/a
polo menos deberá ter aprobado os apartados de "Probas escritas
de resposta longa e curta"; estes exames escritos realizaranse na última
semana de clase (convocatoria de maio).
De non superar esas probas escritas, o alumnado poderá recuperar só as partes
suspensas nun exame escrito na convocatoria
oficial de xullo. A final do curso tamén se realizará un exame oral
individual, que o alumnado deberá superar para aprobar a materia. Se por causa
xustificada algún alumno/a non pode cumprir a condición de
asistencia regular ás clases e a entrega das tarefas deberá comunicarllo ó docente, quen
poderá habilitar outras actividades compensatorias. No caso de que o/a alumno/a
renuncie á avaliación continua ou incumpra as condicións esixidas para a
avaliación continua pasará a ser avaliado polo sistema b) de "Avaliación
única". b) Avaliación
única. O alumnado que non opte polo sistema de "avaliación
continua", para superar a materia na convocatoria de maio deberá
entregar o "Traballo tutelado"
(20% da nota final) o día do exame escrito e examinarse sobre todos os contidos
da materia nun exame
final único que se celebrará na última semana de
clase. Este exame constará de dúas partes: unha escrita (70% da nota final)
e outra oral (10% da nota final); o
alumno/a deberá superar obrigatoriamente esta última para aprobar a
materia. De non superar este exame, o/a alumno/a deberá volver examinarse
por medio doutro exame final único (escrito e oral), ou no seu caso revisar o "Traballo tutelado", na convocatoria oficial de
xullo na data que dispoña a Facultade. Os/as alumnos/as que opten por este
sistema poderán asistir ás aulas e ser atendidos nas titorías cando o
solicitaren. |