Guia docente 2012_13
E.U. de Enfermería (Pontevedra)
Grao en Enfermaría
 Materias
  Enfermaría comunitaria I
   Competencias de titulación
Código Descrición
A20 Capacidade para describir os fundamentos do nivel primario de saúde e as actividades a desenvolver para proporcionar un coidado integral de enfermaría ao individuo, a familia e a comunidade.
A21 Comprender a función e actividades e actitude cooperativa que o profesional deberá desenvolver nun equipo de Atención Primaria de Saúde.
A22 Promover a participación das persoas, familia e grupos no seu proceso de saúde-enfermidade.
A23 Identificar os factores relacionados coa saúde e os problemas do entorno, para atender as persoas en situacións de saúde e enfermidade como integrantes dunha comunidade.
A24 Identificar e analizar a influencia de factores internos e externos no nivel de saúde de individuos e grupos.
A25 Aplicar os métodos e procedementos necesarios no seu ámbito para identificar os problemas de saúde máis relevantes nunha comunidade.
A26 Analizar os datos estatísticos referidos a estudos da poboación, identificando as posibles causas de problemas de saúde.
A27 Educar, facilitar e apoiar a saúde e o benestar dos membros da comunidade, cuxas vidas están afectadas por problemas de saúde, risco, sufrimento, enfermidade, incapacidade ou morte.
A28 Coñecer as alteracións de saúde do adulto, identificando as manifestacións que aparecen nas súas distintas fases.
A29 Identificar as necesidades de coidado derivadas dos problemas de saúde.
A32 Seleccionar as intervencións encamiñadas a tratar ou previr os problemas derivados das desviacións de saúde.
A33 Ter unha actitude cooperativa cos diferentes membros do equipo.
A50 Individualizar o coidado considerando a idade, o xénero, as diferenzas culturais, o grupo étnico, as crenzas e valores.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000