Guia docente 2012_13
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
Materias
Fisioterapia xeral
Avaliación
Descrición Cualificación
Sesión maxistral Exame teórico de 15 preguntas cortas (dúas horas de duración máximo). Tódalas preguntas terán o mesmo valor. Para superalo, o alumno terá que acadar, polo menos, 2 puntos (corresponde a un 5 nunha escala de 0 a 10 puntos). En todo caso, e de cara a unha posible media co exame práctico, non se poderá acadar menos de 1,6 puntos (corresponde a un 4 nunha escala de 0 a 10 puntos). 40.
Prácticas de laboratorio Exame práctico onde o alumno contesta dun modo práctico a 4 supostos (trinta minutos de duración, máis outros trinta como paciente para o compañeiro). Estes supostos prácticos son elixidos ao azar polo alumno dentro do conxunto de casos clínicos que se fixeron ao longo do curso.

Neste exame práctico cada erro leve e cada franxa de 10 minutos que se exceda do tempo de exame descontaralle ao alumno 1 punto nunha escala de 0 a 10. Por outra parte, descontará 2 puntos cometer un erro grave e 2,5 puntos se se fai unha aplicación sen ter en conta unha contraindicación. Finalmente, deixar un dos supostos sen contestar descontará 3 puntos nunha escala de 0 a 10.

Para poder realizar o exame práctico, hai que presentarse primeiro ao teórico. Sacarase listado, tras o exame teórico, co horario de exame para cada parella de alumnos.

Farase un sorteo público para determinar a partir de qué alumno da comezo o exame práctico.

Para superar o exame, o alumno terá que acadar, polo menos, 2,5 puntos (corresponde a un 5 nunha escala de 0 a 10 puntos). En todo caso, e de cara a unha posible media co exame teórico, non se pode acadar menos de 2 puntos (corresponde a un 4 nunha escala de 0 a 10 puntos).

50.
Traballos tutelados Á hora de avaliar o traballo tutelado, esta valoración incluirá a valoración do propio traballo entregado polo alumnado, como a súa exposición e defensa. Así, o traballo entregado terá a metade do valor deste apartado da avaliación da materia (valorarase mediante rúbrica cos seguintes apartados: 5% o esquema do traballo; 60% os contidos teóricos; 5% as conclusións sinaladas; 5% a bibliografía; 5% o seguimento das normas de estilo; 15% imaxes empregadas; e 5% a entrega en prazo), mentres que a exposición e defensa do mesmo, valerá 0,4 puntos (tamén será avaliada mediante rúbrica cos seguintes apartados: 15% polo tempo de exposición; 5% polo esquema das diapositivas; 15% polo texto das diapositivas; 20% polo estilo das diapositivas; 10% polas imaxes empregas; 10% polos vídeos empregados; e 25% pola claridade na exposión) e a avaliación feita polo resto dos compañeiros desa presentación 0,1 punto.

A realización, exposición e defensa do traballo é obrigatoria para superar a materia. Ao mesmo tempo, para a superación do traballo, será imprescindible asistir ás titorías, así como presentar e defender o traballo nas datas establecidas ao inicio do cuadrimestre.

O traballo terá que ser entregado en soporte informático ao profesor. Tamén pode empregarse a plataforma de ensinanza virtual faiTIC (http://faitic.uvigo.es/), subindo o conxunto do traballo ao espazo que o grupo terá na mesma dentro da materia. Para a súa valoración, seguirase unha rúbrica (véxase en faiTIC).

Tamén se empregará unha rúbrica para avaliar a exposición e defensa por parte do alumno do traballo realizado (véxase en faiTIC).

O traballo considerase superado se se acada, polo menos, 0,5 puntos (corresponde a un 5 nunha escala de 0 a 10 puntos). En todo caso, e de cara a facer media cos exames teórico e práctico, o alumno debe acadar cando menos 0,4 puntos (corresponde a un 4 nunha escala de 0 a 10 puntos).
10

Outros comentarios sobre a Avaliación

Aos alumnos que non superen a materia, gardaráselles a parte superada para a segunda convocatoria dentro do mesmo ano académico.

Lembrar que para superar a materia, hai que asistir ás titorías, presentar e defender o traballo dentro das datas establecidas na programación da materia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000