Guia docente 2012_13
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Prácticas externas: Proxecto práctico profesional
   Competencias de materia
Resultados previstos na materia Tipoloxía Resultados de Formación e Aprendizaxe
Coñecemento teórico práctico da publicidade e das relacións públicas tanto nos seus procesos como nas súas estruturas organizativas ou redes sociais
saber
A5
Competencias imaxinativas e coñecemento dos métodos do pensamento creador e a súa aplicación no proceso de comunicación, na publicidade e/ou nas relacións públicas
saber
A7
Coñecemento das estratexias, e o seu desenvolvemento creativo, aplicables nas institucións e empresas públicas e privadas, así como das metodoloxías necesarias para a súa análise, auditoría e avaliación
saber
A10
Estudo do departamento de comunicación nas empresas e institucións e das habilidades e técnicas necesarias para a súa dirección de comunicación e, en especial, da xestión do coñecemento e dos intanxibles da empresa. Coñecemento teórico e práctico das técnicas de xestión en empresas de comunicación
saber
A11
Competencia ou alfabetización dixital: capacidade e habilidade para utilizar as tecnoloxías e técnicas comunicativas, nos distintos medios ou sistemas mediáticos combinados e interactivos (multimedia) e para a creación en novos soportes
saber facer
A12
Destrezas sobre o entorno: Capacidade de describir e diagnosticar as cuestións fundamentais da comunicación na sociedade contemporánea
saber facer
A13
Coñecemento das estratexias e procesos encamiñados á creación e realización de mensaxes publicitarias nos distintos soportes e medios de comunicación
saber
A14
Capacidade e habilidade para establecer a planificación publicitaria fixando obxectivos, definindo público obxectivo, suscitando estratexias e controlando a súa xestión comunicativa
saber facer
A15
Destrezas expresivas: capacidade e habilidade para dar forma creativa á mensaxe. Realización de pezas publicitarias básicas e supervisión da súa produción definitiva
saber facer
A16
Capacidade para exercer como expertos na xestión estratéxica da imaxe corporativa e a reputación dunha organización
saber facer
A17
Capacidade e habilidade para responsabilizarse da área de comunicación dunha organización, xerir a responsabilidade social corporativa e as relacións con diferentes públicos, tanto internos como externos, e deseñar o plan de comunicación e de crise
saber facer
A18
Coñecemento das estruturas organizativas, corporativas e institucionais cos seus respectivos papeis na comunicación social mediada
Saber estar / ser
B2
Capacidade para administrar o tempo, con habilidade para a organización de tarefas
Saber estar / ser
B6
Capacidade para actuar en liberdade con responsabilidade, asumindo referentes éticos
Saber estar / ser
B7
Competencias creativas: capacidade para a creatividade, a innovación e a adaptación ao cambio
Saber estar / ser
B8
Capacidade de adaptación aos obxectivos organizativos e de traballo en equipo
Saber estar / ser
B9
Capacidade de relacionarse coas persoas e coa contorna desde a identidade e os valores organizativos
Saber estar / ser
B10
Capacidade de asumir o liderado en proxectos, xeríndoos eficientemente e asumindo compromisos de responsabilidade social
Saber estar / ser
B11
Preparación para asumir o risco na toma de decisións
Saber estar / ser
B13
Capacidade para a xestión económica e orzamentaria no ámbito da súa actividade
Saber estar / ser
B14
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000