Materia estreitamente relacionada coa materia de “Teoría e técnica da imaxe”, “Creatividade publicitaria” e "Produción Publicitaria en Medios Audiovisuais”. Esta materia aborda o coñecemento das relacións entre o cine a publicidade dende os orixes da imaxe animada. Faise un estudo dos elementos técnico-narrativos do traballo de dirección en cine e que son de referencia na dirección de cine publicitario. Evolución histórica de directores e escolas e a súas influencias na imaxe publicitaria audiovisual. Análise dos elementos técnico-narrativos en propostas fílmicas e spots concretos.